2 de mayo de 2007

Acto de licenciatura da promoción 2002-2007 de Ciencias Políticas e da Administración. Universidade de Santiago de Compostela

Santiago Carrillo e vós

O pasado 28 de abril, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, tivo lugar o acto de licenciatura da promoción 2002-2007 (2005-2007 no meu caso).

Froito dunha votación democrática e competitiva, foi elixido padriño da promoción Santiago Carrillo, uns dos políticos que fixo posíbel a transición política no noso país, axudando a desterrar as dúas Españas.

O 27 de outubro de 1977, pronunciou unha conferencia no Club Siglo XXI. A presentación correu a cargo de Manuel Fraga. O líder da formación dereitista Alianza Popular dixo o seguinte: “Todos tenemos historia. De lo que se trata es de saber si queremos, de buena fe, intentar que la historia próxima de España nos sea común. Hay que intentarlo. Para ello, las líneas divisorias no pueden quedar rígidas en 1931, en 1936, en 1939, en 1945, en 1975, ni en ninguna otra fecha rebasada. Las fronteras pasan por nuestros propósitos y nuestras conductas de hoy”. Quen diría hoxe en día que Acebes, Zaplana e mailo Rajoy ían a conseguir que botásemos de menos a D. Manuel!

O líder comunista, renunciou á utopía dun novo réxime político cuxa forma de goberno fora a República. A súa contribución ás liberdades das que hoxe gozamos está fora de calquera dúbida: dende a loita comunista contra a ditadura autoritaria do Xeneral Franco, ata o seu acatamento da bandeira española o día da legalización do Partido Comunista Español, o 9 de abril de 1977.

A fotografía, feita na Praza do Obradoiro, cunha das personalidades políticas máis importantes do Estado español, tan inxusta e irresponsabelmente vilipendiada dende certos micrófonos bendicidos pola Conferencia Episcopal, será un dos bos recordos que me levarei da Galicia.

E non tanto pola presenza de Santiago Carrillo aos seus 92 anos, que tamén, se non pola de Leti e Laura. Aínda que a foto non está completa… Onde estiveches nese momento, Isa? E ti, Lore? E Ale?…

Os meus amigos coyantinos, Lety, David e mailo Cecy, autora da foto, acompañáronme nunha fin de semana especial para min. Moitas grazas!

1 comentario:

Anónimo dijo...

anda coyantino.tanto falar galego!!! no molas.jeje.nosotros tambien lo pasamos muy bien.vaya sabado mas raro a la vez q divertido.juas.saludossss de david